Off. Ópera fonética forte.

SOBRE O.F.F.

Nesta voráxine de literalidade, datos, comunicacións, produtos, etiquetas, simplificazóns, abreviaturas, regulacións, asepsia tecnolóxica, segura, fácil, limpa, asequible, impoluta, neohiperrealista APARIENCIA…..xurde dende Acqua : OFF, periférica imprevisible ,violenta, marxinal, maldito poeta …DESEO

Off é un diálogo permanente e explícito entre a palabra e a linguaxe non verbal. Como todas as óperas, é un pacto segredo ou “invisible” entre o xesto, a música, a palabra e a imaxe. Nembargantes, esta relación entre os elementos artífices da comunicación, normalmente ocultos ou marxinados baixo a trama na ópera tradicional, vóltase en Off visible e transfórmase de feito no argumento principal. Deste xeito, os elementos que conforman o conxunto dunha ópera (palabras, xestos, música, imaxe, espacio e público) convírtense eiquí en persoaxes e actores.. é un intento de rescatar e poñer en primeira fila argumental eses residuos emocionais, “non verbais”,que habitualmente quedan anuladas polo peso doutros elementos inherentes ó espectáculo…

Off sitúase e posiciónase de cheo na periferia da linguaxe, da literalidade e da cultura, neses espacios limítrofes ou lugares marxinais da memoria onde afloran xenerosa e sutilmente o inconsciente e a loucura. En definitiva, onde o noso discurso, tan cómodamente instalado na súa predecible rutina, paralízase violentamente para deixar paso ó improvisto, á conmoción… a patria de Off é a auga.

Activismo social, rebelión e exaltación da loucura na crucifixión definitiva do discurso, suicidio do sermón, funeral da palabra,…off, unha reflexión sobre a saturación de doctrinas, sermóns, conceptos, comunicadores, predicadores, posuidores do bem e do mal, etc, ós que vémonos sometidos xa dende a nosa primeira infancia. Por suposto, é tamén unha crítica á servidumbre moitas veces voluntaria que os alimenta (síndrome de Brown).

A inspiradora desta ópera, contrariamente ó máis habitual, foi a música. A partires da estructura dunha peza electroacústica baseada na improvisación libre, neste caso coa voz, construíuse o libreto, relacionando as diferentes situacións obtenidas con diversas patoloxías ou trastornos da linguaxe verbal, como a disfonía, a disfasia, a dislalia, etc. Tamén a necesidade de interpretar a música é a que orixina a formación da compañía A ULTIMA RATA , espacio autorreplicante e autoxestionado que desafía con medios case artesanais a grandes produccións ( neste caso operísticas) que todos coñecemos. A escenografía de Off está deseñada para poder adaptarse ou integrar na ópera o espacio de representación, de xeito que poida desenrolar adoitadamente o seu papel dentro do elenco de Off . Asemesmo reivindicamos a utilización libre do planeta cómo espacio público de representación, tanto en espacios naturais coma artificiais. Máis técnicamente, Off decántase polo drama (exposición, periferia,catástrofe) en contraposición á opera mítica (ascensión,caída..)preferindo así mesmo un desenrolo en forma de motivos instantáneos ou recordos (berg) frente o leitmotiv wagneriano. Está tamén nun término medio entre a tradición mozartiana (números) e a wagneriana (continua), utilizando neste caso a división da primeira ó xeito da segunda.
+ info